Thursday 02 de May de 2024

O Goberno municipal reúnese coas comisións de festas


O Goberno municipal reuniuse coas comisións de festas para informar sobre distintas cuestións relacionadas coa organización das festas nas distintas localidades, co obxectivo de acadar a mellor coordinación posible. No encontro participaron representantes de todas as entidades.

O Concello presta, desde sempre, un importante apoio ás comisións aportando recursos humanos, medios materiais e os espazos públicos necesarios. Nesa liña de axuda, ante as trabas lexislativas impostas desde Xunta e Estado, o Concello colaborará na elaboración dos plans de seguridade que as comisións estean obrigadas dispoñer para organizar as festas. En canto ao horario de finalización das verbenas queda fixado para as 3 da madrugada, deixando a media hora posterior para o desaloxo.

No encontro tamén se abordaron cuestións relativas a seguros, atraccións, prazos de solicitude de permisos, pirotecnia, necesidades de mellora dos espazos de celebración das festas,…

Tanto o alcalde, Ángel García Seoane, como a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Figueroa, aproveitaron o encontro para agradecer unha vez máis a todas as persoas que forman as comisións o seu altruísta e xeneroso traballo en defensa da cultura dos pobos.